29 oct 2009

O MURAL DE SAMAÍN

Este ano tocounos aos do 1º ciclo a elaboración do mural de Samaín e queremos, a través deste cómic, mostrarvos como fixemos o traballo.

28 oct 2009

A VOLTAS CO SAMAÍN!!

Con motivo da celebración do Samaín, estamos a traballar con contos e poemas de bruxas, vampiros, trasnos...Así que se nos ocurriu compoñer estas rimas:

26 oct 2009

¡¡XA CHEGA O SAMAÍN!!

SABÍAS QUE….
O Samaín (Samhain) é unha festividade de orixe celta, que celebra o final das colleitas e do verán e o principio do novo ano.
Existe dende fai 3000 anos nos pobos celtas de Europa, en Galicia, nalgunhas zonas de Asturias, en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.
Segundo a tradición celta, nesta data, os difuntos tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándolle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos e despedirse dos seus familiares, acendendo fogueiras para indicarlles o camiño.
Os humanos tamén podían ir ao Máis Alá, pero había que andar con moito ollo, non fora ser que se quedaran alí por mor dalgún feitizo ou “meigallo”.
Para manter aos espíritus contentos e alonxar aos malos dos seus fogares deixaban comida ou doces fóra. Por eso agora os nenos van de casa en casa pedindo lambetadas.

21 oct 2009

24 de Outubro: Día Internacional da Biblioteca

Para celebrar esta data invitámosvos a compartir con nós este bonito poema de Liliana Cinetto.

2 oct 2009

QUE TAL...UN POUCO DE MÚSICA?

Esperamos que vos guste este vídeo e que disfrutedes cantando e bailando.