Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eventos. Mostrar todas las entradas

13 mar 2010

Xa estamos outra vez aquí e hoxe queremos brindar esta pequena homenaxe a Miguel Delibes, o escritor que onte nos deixou, pero a súa obra quedará por sempre con nós: "Los santos inocentes", "Cinco horas con Mario", "La sombra del ciprés es alargada", "El camino"... son algúns dos seus mellores libros.


10 feb 2010

Preparados, listos....¡XA CHEGA O ENTROIDO!



O ENTROIDO é unha festa popular na que se celebra a fin do inverno e o comezo da primavera.

No ENTROIDO xúntanse rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións: igrexa, goberno... É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes. Crese que a súa orixe está nos antigos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Aínda que hai tamén quen opina que estes personaxes proveñen de asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e incluso de vellas cerimonias tribais.

Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa que se pechará o mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco, o enterro do Ravachol en Pontevedra, ou o enterro da sardiña noutras localidades.

Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas son as comidas típicas destas festas.

28 ene 2010

DÍA DA PAZ

Gustaríanos moito que os 365 días do ano foran "o día da Paz". Lede este conto:



Ou....preferides escoitalo?

22 dic 2009

POR FIN...O NADAL!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que podades ver a nosa participación no festival de Nadal de este ano.
Como somos poucos, actuamos en colaboración cos compañeiros de 1º e 3º e foi todo un pracer. Cantamos "Jingle Bells", bailamos "Yo amo la Navidad" e representamos a obriña de teatro "Bodas de piojos y pulgas".
Queremos aproveitar esta ocasión para facer chegar a todos os que nos visitades, os nosos mellores desexos para estas festas e mandarvos un BICO MOI FORTE.
BO NADAL E FELIZ 2010

13 dic 2009

ACÉRCASE O NADAL...


e nós xa lle escribimos a carta aos Reis Magos. ¡Non sea o demo que logo non teñamos tempo!. Entre os preparativos do festival de Nadal, os ensaios... a profe, que quere poñer as notas...¡que traxín nestas datas!.
Este ano, con eso da "crise" que din os maiores, non pedimos moitas cousas. Nós sabemos que é mellor que todo vaia máis repartido.
Aquí vos deixamos unha mostra:

1 dic 2009

Taller de Alimentación saudable

Hoxe queremos mostrarvos a nosa participación nun taller de alimentación saudable que organizaron Rosa (a orientadora do cole), a profe Antía de 3ºe Julia (a nosa profe).
Primeiro vimos un vídeo sobre a procedencia do cacao, ingrediente fundamental do chocolate; logo fixemos dúas boas merendas: pan con aceite, xamón e tomate natural que nos mesmos raiamos e preparamos e logo froitas(mazá, laranxa, pera e plátano) bañadas con chocolate, que fundimos coa axuda do microondas. ¡¡¡Que deliciosa está así a froita!!!
A verdade é que disfrutamos un montón.

21 oct 2009

24 de Outubro: Día Internacional da Biblioteca

Para celebrar esta data invitámosvos a compartir con nós este bonito poema de Liliana Cinetto.