28 dic 2010

Falando de piratas

Despois da lectura na clase do libro de Gloria Sánchez "Dez piratas", invítovos a ver este vídeo. Disfrutade!!

O Laberinto Dos Soños - Piratas from Trilobytes on Vimeo.

">

6 nov 2010

CENTENARIO MIGUEL HERNÁNDEZ

O pasado día 30 de outubro conmemorouse o centenario dun ilustre poeta español: Miguel Hernández. Invítovos a escoitar este vídeo e anímovos a que disfrutedes "a tope" do feito de ser NEN@S.

2 nov 2010

Os dereitos d@s nen@s

O próximo día 20 celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS D@S NEN@S". Aquí vos deixou este vídeo e invítovos a reflexionar sobre el.

23 oct 2010

UNHA MERENDA DIFERENTE!!!

Ingredientes: pan de molde, queixo, tomate, salchicha, pepino e xamón.
Neste enlace podes ver outros bocatas guay!:


PON MANS Á OBRA!!!

3 may 2010

13 mar 2010

Xa estamos outra vez aquí e hoxe queremos brindar esta pequena homenaxe a Miguel Delibes, o escritor que onte nos deixou, pero a súa obra quedará por sempre con nós: "Los santos inocentes", "Cinco horas con Mario", "La sombra del ciprés es alargada", "El camino"... son algúns dos seus mellores libros.


10 feb 2010

Preparados, listos....¡XA CHEGA O ENTROIDO!



O ENTROIDO é unha festa popular na que se celebra a fin do inverno e o comezo da primavera.

No ENTROIDO xúntanse rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións: igrexa, goberno... É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes. Crese que a súa orixe está nos antigos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Aínda que hai tamén quen opina que estes personaxes proveñen de asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e incluso de vellas cerimonias tribais.

Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa que se pechará o mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco, o enterro do Ravachol en Pontevedra, ou o enterro da sardiña noutras localidades.

Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas son as comidas típicas destas festas.

28 ene 2010

DÍA DA PAZ

Gustaríanos moito que os 365 días do ano foran "o día da Paz". Lede este conto:



Ou....preferides escoitalo?

12 ene 2010

O GALEGO

Atopamos esta animación en plastilina de Flocos.tv que nos parece moi interesante, sobre todo agora que andan outra vez a voltas co galego.
Está baseada nun texto de Frei Martín Sarmiento: "Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo".
Esperamos que vos guste.