4 mar 2011

7 feb 2011

28 dic 2010

Falando de piratas

Despois da lectura na clase do libro de Gloria Sánchez "Dez piratas", invítovos a ver este vídeo. Disfrutade!!

O Laberinto Dos Soños - Piratas from Trilobytes on Vimeo.

">

6 nov 2010

CENTENARIO MIGUEL HERNÁNDEZ

O pasado día 30 de outubro conmemorouse o centenario dun ilustre poeta español: Miguel Hernández. Invítovos a escoitar este vídeo e anímovos a que disfrutedes "a tope" do feito de ser NEN@S.

2 nov 2010

Os dereitos d@s nen@s

O próximo día 20 celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS D@S NEN@S". Aquí vos deixou este vídeo e invítovos a reflexionar sobre el.

23 oct 2010

UNHA MERENDA DIFERENTE!!!

Ingredientes: pan de molde, queixo, tomate, salchicha, pepino e xamón.
Neste enlace podes ver outros bocatas guay!:


PON MANS Á OBRA!!!

3 may 2010

13 mar 2010

Xa estamos outra vez aquí e hoxe queremos brindar esta pequena homenaxe a Miguel Delibes, o escritor que onte nos deixou, pero a súa obra quedará por sempre con nós: "Los santos inocentes", "Cinco horas con Mario", "La sombra del ciprés es alargada", "El camino"... son algúns dos seus mellores libros.


10 feb 2010

Preparados, listos....¡XA CHEGA O ENTROIDO!



O ENTROIDO é unha festa popular na que se celebra a fin do inverno e o comezo da primavera.

No ENTROIDO xúntanse rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións: igrexa, goberno... É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes. Crese que a súa orixe está nos antigos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Aínda que hai tamén quen opina que estes personaxes proveñen de asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e incluso de vellas cerimonias tribais.

Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa que se pechará o mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco, o enterro do Ravachol en Pontevedra, ou o enterro da sardiña noutras localidades.

Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas son as comidas típicas destas festas.